Crónica X Aberto “A terra non se vende”

Na Terra Chá, durante esta fin de semana choveu, e choveu moito! Só durante catro horas saíu o sol, e coma todos os troiteiros saben, cando sae o sol entre momentos de choiva é momento de troitas.

Pois esas catro horas de tregua que deu a choiva foron as suficientes para disputar a duodécima xornada da LNB no campo do Pichón, un campo que a Muimenta SD mima para ter sempre impecable e inmellorable. E esas catro horas saíron as Troitas Bravas a papar, e vaia que se paparon! Campións e sentenciando xa por completo a xeral por equipos, só se lle acercaron nesta xornada a equipa de Madia Leva que quedaron a un punto da vitoria; os Carabullo, terceiros na xornada, xa saborean o segundo posto final na xeral. Pero as troitas non só paparon todo como equipo se non que o seu gran capitán, Sachas arrasou e deu unha clase maxistral pouca veces vistas na LNB, pleno de puntos con un total de nove golpes, ¡impresionante!

O segundo posto foi para a revelación da tempada, Gundar, do Centro Social Mádia Leva que con 24 puntos volveu a quedar ás portas dunha máis que merecidísima vitoria. No terceiro posto un rexuvenecido Alvariño quedou a un punto de forzar o desempate con Gundar.

Para os tres do podio e para o equipo vencedor os agasallos volveron a ser os mesmos de anteriores edicións, trofeos artesanais e árbores autóctonas. Son dez anos de aberto e máis de catrocentas árbores autóctonas agasalladas polos Carabullo en total. Algo polo que na LNB tamén sentimos orgullo!

Pero este aberto tivo algo máis… Non podía faltar o de sempre, esta tempada aberto tras aberto repetimos un nome, Charly Crecente Pico sentenciou a liga matematicamente na primeira carreira deste aberto e a falta doutra xornada aínda. Algo nunca visto!

Parabéns ao “sexacampión”!!

Antes da última xornada na mítica pista de Remourelle vémonos o 30 de abril na festa da troita da Pontenova.

Ata aló… Billarda sempre! Adiante co Varal!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s