Remate da Tempada 22/23

Alá foi a tempada 22/23 da Liga Nacional de Billarda na Conferencia Norleste. Unha tempada pola que pasaron, polo menos unha vez, ¡¡160 palanadores e palanadoras!!, récord absoluto na historia da LNB, o que fala, ben as claras, de que hai outro xeito de facer as cousas, un modo autoxestionado e colaborativo.

Unha tempada que no individual estivo marcada polo dominio absoluto de Charly dos Carabullo, gañando catro dos trece abertos e só baixando de vinte puntos en tres xornadas. Mentres, a loita polos outros dos chanzos no podio, resolveuse na derradeira xornada de Remourelle, Sachas de Troitas Bravas e Gundar dos Madia Leva, aínda que empatados a puntos foron segundo e terceiro respectivamente. Gundar foi unha das revelacións da tempada, pasou de ser 32º na 21/22 a alcanzar o podio na presente tempada e iso, disputando só 12 abertos.

Só dous xogadores repetiron vitoria, o xa mencionado Charly e Sachas con dúas, polo que, finalmente, houbo 8 gañadores e unha gañadora e, esa gañadora, merece unha mención especial; Aroa dos Billardeiros Musicais alcanzou a única vitoria feminina da tempada, algo que non sucedía desde que, unha xogadora do seu mesmo equipo, Geni, o conseguira na tempada 19/20. Destacable tamén o triunfo de Markytos, despois de case dous anos sen xogar, fixo unha volta triunfal, esperemos que non tarde tanto tempo en volver aos campos de xogo. Só tres palanadores: Charly de Carabullo, Sachas (por dúas veces) de Troitas Bravas e Xosé Manuel de Castiñeiro Milenario conseguiron facer unha actuación perfecta, alcanzando os míticos 25 puntos.

Cinco equipos conseguiron vitorias esta tempada: Carabullo (5), Troitas Bravas (3), Billardeiros Musicais (2), Castiñeiro (2) e Billarda Verde (1). Moi destacable o papel dos palanador@s de Castiñeiro Milenario que se estrean no Medulio dos gañadores con dúas vitorias, terceiro equipo nese aspecto, con apenas 9 xogador@s e dúas tempadas e media na competición.

En canto ás actuacións colectivas, as Troitas Bravas conseguiron, por primeira vez na súa historia alcanzar o primeiro posto, cunha ventaxa considerable sobre os que eran os campións, Carabullo e o terceiro clasificado os míticos Billardeiros Musicais.

Manu Caldeiro de Billarda Verde, con catro golpes maxistrais en catro xornadas diferentes foi, sen discusión algunha, o gran campión de varados na 22/23, poñendo o listón moi alto para as seguintes tempadas.

Sen dúbida, este tempada 22/23 foi histórica en canto a participación, igualdade e, por riba de todo, de bo ambiente e diversión. A Conferencia Mai está moi viva e segue sendo a referencia da billarda.

¡¡Billarda sempre!! ¡¡Adiante co varal!!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s