BRÚAS E FASME CEIVE

Cando un Varal se ergue unha vitoria faise eterna… e iso foi o que aconteceu hai uns anos, un sábado calquera da última década do século pasado. Na pista da Anguieira, ó carón do embravecido cantábrico en Barreiros, un Varal foi chantado, e hoxe, esa primeira foto da historia dun Aberto LNB, ve a luz, en exclusiva mundial, no estalo inaugural da nova andaina do único e auténtico altofalante da Liga Nacional de Billarda. O Varal volta á rede e faino coa forza dun vakamulo ferido para espallar coma unha cisterna de purín nun prado sedento de fosfato o verdadeiro significado do termo BILLARDA.

BILLARDA… Galicola, Vilamartín Pequeno, Furancho, Urogalo, Petapouco, A Auténtica, Palanganas, Chupi, O Golpe, Calvete, Tele-VARAL, A Zapateira, Likor Café…

Nosoutros non somos unha estatística, nin tampouco deputación ningunha!!

Cachiza… Conxo, Fouciño de Ouro, Torrezmada, A Cadeira, Viladepaus, El Primo del Home Marín, Aberto do Bonito, Cabo Verde, Txirikila, A Randeeira, Conferencia Sur…

Porque sempre unha Faísca alumea o noso palán!!

Pincha… Freces, Liriu , Proa Bezouqueira, Aberto da Repesca, Año Mouro, Coello de Remourelle, O Sorriso Insubornábel, A Hora Galega, Xil , MadiaLeva, A Apalpadora, O Apalpador, Belfast ( Eire-Galiza ), Capóns das Quintas – Galo de Natal…

Porque non recoñecemos nin federacións nin á xunta que nos recoñece!!

Estornela… Carabullo, All Stars, Belit, Pitu Caleya, Intifada, Aberto do Ferro, das Noces, Aberto por Reformas, Lipi Lape, Gilli Danda, Coroceir@ Nacional…

Porque Somos República, Billarda Sempre… Adiante co Varal!!

Xermán Viluba

primeira_foto_LNB

Advertisement