VI Aberto das noces

O VI Aberto das noces de Castroverde resulta ser a primeira xornada dunha nova edición da Liga Nacional de Billarda na súa Conferencia Nai. Unha nova tempada na que a serpe multicolor dos palanadores e palanadoras lucenses e de alén encherán de megawatios billardeiros cada recuncho da zona norte de Lugo. Megawatios ecolóxicos e megawatios de felicidade ao compartir o destino común de facer da billarda o noso deporte nacional. Indixenismo ou barbarie, billarda sempre, adiante co varal.

Advertisement