Bretoña e Bierzo

Este primeiro fin de semana de abril a floreada serpe multicolor da billarda vai unir as terras de Bretoña coas terras bercianas.

No Bierzo, a partir das cinco da tarde, nas Dehesas, comezará un novo torneo de billarda organizado polo bar H3 do Tío Migui, as billardas voarán polos ceos azuis do Bierzo e os golpes dos paláns chegarán grazas ás ondas bercianas ata terras da Bretoña, en concreto, ata o campo da festa, onde a partir das catro da tarde, as palanadoras e palanadores da conferencia mai darán principio ao IV Aberto das Freces, a billarda volve ao seu berce.

Billarda sempre! Adiante co Varal!

Advertisement