O domingo volveu a LNB a Ribadeo, un dos lugares históricos e referente da Liga, e se falamos de historia e referencia billardeira hai que falar de Marcos Rodriguez Rodriguez , un dos palanadores mais laureados que hai nesta tolemia billardística!
Ano e medio levaba sen xogar Markitos e non puido voltar de mellor xeito posible que gañando o décimo quinta edición do Aberto do Galo, o aberto organizado polo seu equipo os Billardeiros Musicais. Case seguro que si Markitos escribise o guión da xornada o faría tal e como pasou, disputando unha final co seu amigo, á vez que máximo rival, Charly Crecente Pico, e malia derrota aínda ampliou a súa vantaxe ao fronte da clasificación absoluta individual. Dous grandes nunha final que se decantou no desempate do lado mariñao. Terceiro foi o mago de Castropol, David Navallo que tamén necesitou dun desempate con Manu Caldeiro para acadar ese último chanzo do podio.
Por equipos, outra vez, as Troitas Bravas fixéronse coa vitoria, dunha forma incontestable e brillante á vez, por diante de Carabullo que segue renqueando para non caer do segundo posto, con poucos efectivos, pero tercos.
A seguinte cita será unha xornada especial para a LNB, traspasando fronteiras outra vez mais, aínda que esta vez para disputar unha xornada de Liga.
Pronto teredes máis novas!!
Mentres tanto… Billarda sempre!! E adiante co Varal!!








