II Xornada Billardeira Festa da Troita

Como anunciou hai uns días o equipo de Troitas Bravas, o vindeiro fin de semana, celébrase na Pontenova a XLIII Festa da Troita; e como non hai Festa sen Billarda, o día 30 vaise celebrar a II Xornada Billardeira Festa da Troita, a partir das 16:00 h, a carón do Pozo da Ola. Se non tés material para xogar, a organización prestácho!!

Achégate a probar un xogo milenario…eso sí..advertímoscho…é adictivo…quedas avisado/a.. apto para tódolos públicos!!!

E por si fose pouco, ao remate do aberto, haberá Foliada a cargo das compañeiras/os da Chocolateira. Que mellor plan pode haber para un domingo véspera de festivo??

Sesión Vermú, Billarda, Foliada, degustación de troitas e Verbena…¿quen dá mais????

O 30 de Abril , Achegádevos a Pontenova !!! Non vos arrepentiredes!!

A billarda e o seu Todo Incluído

TODO…

(o bo)

Fin de semana de billarda…

Fin de semana de resaca…

E é que a billarda deixa resaca a nivel emocional 😊

No I Aberto de billarda da Festa da Troita da Pontenova vivimos un cúmulo de momentos que revolven por dentro e recolocan por fóra…e nunca mellor dito!

A uns máis alto que a outros, iso si! Pois os premios foron de altura…

Tirolina as Minas quixo, doando os premios, que algún dos participantes voase máis alto que as billardas e observase A Pontenova dende outra perspectiva.

A chegada ao Pozo da Ola foi para case todos en manga corta e con protección solar a xeito de puchas, sombreiros, etc…

Algúns xa traían a calor de compañeira…pero de seguido o resío do Río fíxose notar e o vento facía que fose necesario en pouco tempo ir sumando capas (como as boas cebolas!)

Preto de 50 persoas reunidas dando golpes ás estornelas e ao ar, que como podedes imaxinar despois de ler ata aquí, era moito e “collíase” con facilidade…e hai que ser honestos, tanto a xente que se animou a probar por primeira vez, como aqueles que levan tempo no apaixoante mundiño,…daban golpes con resultados variados 😅 parece que o ar se enganchaba con máis soltura que as billardas 😱

Pero non remata aquí a historia deste sábado… aconteceron alí grandes negociacións entre diferentes membros dos equipos para tratar os comentados premios de altura, aínda que finalmente so puideron ser para os tres campións: Manu Caldeiro que A Pontenova semella ser o seu couto particular, Charly e Albino, todos de Carabullo e a campioa foi Mari Carmen de Trotas Bravas. Noraboa billardeir@s! Agora toca que cavilen con quen comparten os agasallos, pois as aventuras eran para dous😉

E coma en toda boa troula, non faltou a música e o baile; a agrupación local “A Chocolateira” tivo o detalle de acompañarnos ao remate do xogo para amenizar a entrega de premios e permitir que varios d@s participantes se animasen a botar un pe para quentar motores e, se cadra, seguir a festa despois.

E se nalgún intre, antes, durante ou despois, sentías ganas de mollar a palabra ou alixeirar a gorxa, aí estaba o equipo anfitrión con camareiro (Guti) ao longo de toda a xornada para facer sinxelo o acceso á beberaxe😊

Foi o primeiro, pero non será o derradeiro!

Billarda sempre amig@s!

…INCLUÍDO

(sempre)

Tania

I Xornada Billardeira Festa da Troita

Fin da pandemia ou non, máscara ou sorriso, choiva ou sol, quedo na casa ou fago un plan de fin de semana…nesta época que vivimos todo son dúbidas transcendentais, ¿verdade?
¡Nós traemos a solución!
A Liga Nacional de Billarda conferencia NorLeste está a piques de rematar, pero…¡ sen billarda non podemos quedar!
Este sábado a partir das cinco da tarde á beira do río, en pleno Pozo da Ola, no concello da Pontenova, convidámosvos a participar na I Xornada Billardeira Festa da Troita.
O son do palán sentindo o ar na faciana, aporta a mestura ideal entre calma, acción e decisión que estades precisando, así que vinde a facer que salten máis as estornelas que as troitas!

E por se aínda estades a dubidar… confesamos que hai vertixinosos premios para dar!
Esta será a primeira, pero non consentiremos que se converta na derradeira porque…

¡Xogamos na eira, xogamos no parque e non pararemos ata xogar en todas partes”

( Billarda sempre! )

Tania