Crónica Festival do Aturuxo

Rematamos o mes de xullo ao grande! No Festival Aturuxo!

Moitas grazas á organización, Aturuxeiros de Bravos sodes enormes!!

Moita xente estaba esperando esta nova edición para volver a coller o palán, xente brava do Ourol con ansia de pagarlle aos paus de toxo para achegalos ao varal. Tamén xente chegada de remotos lugares como os Países Baixos, Begonte, Bretoña, Pol ou Murcia. Xove, Compostela, Viveiro, Ribadeo, Asturias ou a Ponte de Outeiro… Bravos é internacional!

Ante tal amálgama de xentes e animais variados destacou Xosé Manuel, o francotirador de Castiñeiro Milenario fixo un aberto “amarrategui”, gardando os seus mellores golpes para os momentos precisos e levarse así o primeiro posto e deixando como meritoria subcampioa a Alba e terceiro a Luís.

Aturuxo sempre! Adiante co Varal!!

Aberto do Aturuxo en Bravos (Ourol)

O ano pasado foi todo un éxito así que nesta edición tampouco podía faltar unha nova edición do aberto de billarda, para o que contaremos de novo coa colaboración da A.C.D. O Varal Lnb. Terá lugar o sábado na zona de billarda a partir das 18.30h

Toda/o aquela/el que queira participar tan só terá que inscribirse no posto de merchan.